Publicador de contidos

Publicador de contidos

A maior parte dos galegos non gastamos máis a comezos de mes

A maior parte dos galegos non gastamos máis a comezos de mes

Ter unha previsión de gastos axuda a non precipitarse a gastar cando cobramos o salario

G24.gal 01/10/2025 14:18

A carne e o peixe son alimentos indispensables de unha dieta saudable. En carnicerías e peixerías contan que "non notan que a comezo de mes se gaste máis por iso de acabar de cobrar". Porén si que advirten de que "a principio de mes se poida comprar un peixe mais caro", di Gey Estévez, de Peixería Gely, en Santiago de Compostela.

Na mesma liña maniféstase Suso Capeáns, dono da carnicería Suso de Bertamiráns. Di que "as compras son moi estables en case todo o mes, e que no pasado mes de setembro non notaron nada pero que pode ser que a tenreira e cordeiro, que teñen un prezo máis elevado, se venda menos a finais de mes". Na rúa a maior parte dos entrevistados pensa que non necesariamente gastamos máis a principio de mes, que "prefiren administrarse" ou "comprar só o que faga falta".

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade