O café é un pouco máis caro este ano pola suba dos custos e o aumento do consumo en Asia
O prezo medio anda no euro con sesenta, pero a suba do seu valor en orixe acabará repercutindo no cliente
Unha empresa de Lugo é a principal distribuidora de café torrado para hostalería en España, Andorra e Portugal.
A suba do prezo deste produto en orixe nos últimos catro anos foi notable.
Comenta un dos xerentes de Café Candelas que "aumentou máis dun douscentos por cento". Entre outras razóns que o xustifican menciona "malas colleitas e aumento do consumo nos países asiáticos".
A maiores hai que engadir o encarecemento dos servizos e a especulación. Explican a recente suba da cunca do café que tomamos fóra da casa.
Consultamos os prezos nesta cafetería do centro de Lugo. Di o seu encargado, Xosé Manuel Fontela que "na barra cobrámolo a 1,60 euros, só o subimos dez céntimos".
Agardarán un pouco máis para subir os prezos. Asegura o responsable deste establecemento que é porque sobe o custo da vida. "A nós o ano pasado o quilo subiunos 4,50 euros".
Unha medida que os clientes entenden.
O café seguirá sendo un pracer e tamén un luxo.