Publicador de contidos

Publicador de contidos

A Xunta aproba investir preto de 2.000 millóns en vivenda nos próximos cinco anos

A Xunta aproba investir preto de 2.000 millóns en vivenda nos próximos cinco anos

A administración autonómica aspira a chegar as 10.000 vivendas de promoción pública construídas cando remate o período 2026-30

Arquivo (Europa Press) Arquivo (Europa Press)
G24.gal 26/01/2026 11:29 Última actualización 26/01/2026 14:32

O Consello da Xunta aprobou este luns o II Pacto de Vivenda de Galicia que suporá un investimento de preto de 2.000 millóns de euros no período 2026-30.

Segundo explicou o presidente da Xunta, Alfonso Rueda, a intención é chegar ata as 10.000 vivendas de protección pública cando remate o ano 2030.

Segundo dixo Rueda, o 82 % dese investimento realizarase con fondos propios da Xunta de Galicia, mentres que 241 millóns serán achegados polo Goberno Central, e uns 100 millóns por parte da UE.

O presidente da Xunta dixo que agardaba que con este investimento se cheguen a mobilizar no sector ata 5.000 millóns e crear centos de postos de traballo.

A conselleira de Vivenda e Planificación de Infraestruturas, María Martínez Allegue, destacou a implicación no deseño deste plan de todos os sectores afectados. 

Allegue insistiu en que o principal obxectivo do pacto é cumprir o compromiso de duplicar o parque público de vivenda nesta lexislatura, e estruturase en catro liñas: "acceso á vivenda, rehabilitación, desenvolvemento de solo residencial onde poder seguir construíndo e outras medias de carácter transversal".

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade