Publicador de contidos

Publicador de contidos

Detidos dous veciños da Rúa na desarticulación dun punto de venda de drogas

Detidos dous veciños da Rúa na desarticulación dun punto de venda de drogas

Os axentes interviñeron 100 gramos de cocaína, diñeiro en metálico, envoltorios e útiles para a súa preparación

O Xulgado do Barco de Valdeorras decretou a súa posta en liberdade

Garda Civil/Ministerio do Interior Garda Civil/Ministerio do Interior
G24.gal 26/01/2026 13:20

O Equipo Roca da Garda Civil da Rúa (Ourense) detivo dúas persoas como presuntos autores dun delito contra a saúde pública durante a desarticulación dun punto de venda de drogas que operaba na comarca de Valdeorras.

Segundo informou o Instituto Armado nun comunicado, a fase de explotación da operación, denominada White Street, tivo lugar o pasado día 19 cando os axentes realizaron un rexistro domiciliario e interviñeron 100 gramos de cocaína, diñeiro en metálico, envoltorios e útiles para a preparación da droga.

As dúas persoas detidas pasaron á disposición do Xulgado do Barco de Valdeorras, que decretou a súa posta en liberdade.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade