Publicador de contidos

Publicador de contidos

A maior exposición sobre os Beatles de España está estes días en Ourense

A maior exposición sobre os Beatles de España está estes días en Ourense

A exposición é posible grazas á achega de profesionais

A exposición poderá visitarse ata o 16 de xuño

G24.gal 03/05/2022 21:06

En Ourense exponse estes días a maior mostra sobre os Beatles vista en España. Obxectos das súas vidas cotiás e roupa que vestiron, coma un quimono, son as que máis chaman a atención aos fans dos Beatles. Tamén que se atopen nesta exposición instrumentos que tocaron nas súas xiras.

Ademais poden verse os discos que editaron, entradas de concertos, unha extensa bibliografía, publicacións en prensa e todo o mundo iconográfico que se xerou nos anos 60 e que se segue creando.

Esta mostra foi posible polas achegas de coleccionistas particulares, unha oportunidade para coñecer máis sobre esta banda formada en Liverpool que conseguiu soar e levar unha moda por todo o planeta.

Ata o 16 de xuño permanecerán estas cobizadas pezas no Centro Cultural de Ourense antes de volveren aos seus agochos particulares.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade