Publicador de contidos

Publicador de contidos

A lotería Primitiva deixa un millón de euros en Monterroso

A lotería Primitiva deixa un millón de euros en Monterroso

O gañador foi o único acertante dos sete números do Joker no sorteo do sábado 24 de maio

O boleto selouse na Administración número 1 de Monterroso
G24.gal 26/05/2025 14:25

Búscase afortunado ou afortunada en Monterroso. Alguén selou na vila o boleto gañador do Joker da Primitiva. Foi o único acertante dos sete números -3976125- que lle valeron un millón de euros. Validouno a administración número 1, na Avenida de Pontevedra, pero non saben nin cando foi, nin quen o fixo.

"Oxalá sexa alguén da vila, pero non se sabe", di Javier García, propietario da administración. "Se cadra aínda non se decatou, e cando veña mirar atopa a sorpresa de que ten un millón de euros". 

Explica que o Joker é un extra que se pode sumar ao boleto da Primitiva, pero que, entre os seus clientes, "pouco se fai". Tamén di que a súa clientela é sobre todo local pero, ao estar ao pé da estrada, "tamén para moita xente de paso". 

A noticia do millón correu axiña por Monterroso e, de feito, di Javier que a eles chegoulles antes polos veciños que pola propia delegación de Loterías. Celébrano moito, porque é o premio máis alto que deron dende que abriron a Administración en 1986.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade