A loita pola segunda praza da Primeira Federación, na G2
Quedan tres xornadas na Primeira Federación. E esta fin de semana viviremos a batalla pola segunda praza na Televisión de Galicia. O Deportivo ten vantaxe de tres puntos sobre o Rácing de Ferrol. O conxunto coruñés recibe ao xa descendido Tudelano esta tarde as cinco en Riazor, onde os de Borja Jiménez están moi fortes nas últimas semanas.
O Rácing, con moitas baixas en defensa, tamén xoga na casa. Será mañá domingo as cinco ante o filial do Athletic de Bilbao, que se atopa loitando pola permanencia. No equipo ferrolán non se queren desvíar da liña de traballo da excelente segunda volta.
E o Celta B xoga mañá ao mediodía en Badaxoz. O filial celeste aseguraría a súa presenza no playoff se gaña ante un equipo que está a catro puntos dos de Onésimo. Será toda unha final para os dous no Novo Vivero.
Vai quedando menos para vivir nos estadios galegos as fortes emocións do playoff de ascenso.