Publicador de contidos

Publicador de contidos

A localidade de San Cibrao, en Cervo, enxalza o ourizo cunha festa gastronómica

A localidade de San Cibrao, en Cervo, enxalza o ourizo cunha festa gastronómica

É unha homenaxe ao equinodermo, moi apreciado polo seu sabor, e que está moi vencellado coa tradición mariña do lugar

G24.gal 07/03/2026 20:49

A relación do ourizo con San Cibrao é de sempre. A localidade cervense reúne as condicións que converten este produto nunha xoia gastronómica. 

Un dos membros da organización e presidente do grupo Mistura, Claudio López, salienta que o seu sabor está relacionado coa marea. Manifesta que os ourizos "este ano veñen bastante ben".

Tardan uns cinco anos en ter o tamaño idóneo para o consumo. Na cociña son moi versátiles.

O cociñeiro Juan Rubinos subliña que "teñen un sabor potente e se poden combinar con moitos ingredientes".

Pola súa banda, a alcaldesa, Dolores García, indica que xa van "trinta e tres anos dunha festa moi importante para San Cibrao porque o ourizo é o que nos une co mar".

Un símbolo gastronómico que San Cibrao enxalza cunha festa declarada de interese turístico galego.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade