A localidade de Albal, en Valencia, segue con rúas e garaxes repletos de lodo
A localidade de Albal, en Valencia, segue con rúas e garaxes repletos de lodo
Un mozo, que estivo desaparecido durante a riada, e o seu pai contan como viviron aquelas horas do 29 de outubro
En Chiva 130 familias continúan desaloxadas
"O meu fillo estivo desaparecido seis horas. Pillouno a riada", di un veciño de Albal.
"Engancheime a un sinal de tráfico, case ata que tiña a auga polo pescozo. Uns veciños intentaron sacarme cunhas cordas pero non foi posible e caín", conta o fillo.
"Encontrouno un tractor do concello que ía recollendo xente por aí". " Rescatárono encima dun coche".
"Cando o vin aparecer dixen, xa me dá igual o que perdera", finaliza o pai.
Pai e fillo limpan no barro que aínda queda en baixos e moitos garaxes en Albar, co convencemento de que as perdas materiais todas son reemprazables. Aquí estiveron os militares pero a veciñanza continúa nus labores que semellan non ter fin.
"Con esportas e pas. Había outro xeito, pero ao mellor agardamos un mes a que veña maquinaria pesada e os veciños decidiron sacalo a man e adiantar un pouquiño", afirma un home.
En Chiva 130 familias continúan desaloxadas e sen saber que sorte correrán as súas casas. Esta mañá, patrullas da policía militar vixiaban de xeito disuasorio para evitar roubos.
A demolición das vivendas que están en perigo, e que poderían provocar efecto dominó, é o traballo máis urxente para o Concello.
Nos baixos e domicilios que si poden entrar continúan aínda retirando lama. Veciños de barrios menos afectados, como Vicente e Serxio, son de grande axuda.
Hai polo menos 34 inmobles insalvables e case toda a rede de saneamento desapareceu,
segundo os técnicos municipais.