Publicador de contidos
Publicador de contidos

A Liga de Campións coñecerá hoxe os dous primeiros semifinalistas

A Liga de Campións coñecerá hoxe os dous primeiros semifinalistas

O Barcelona recibe o PSG coa vantaxe conseguida en París (2-3)

O Atlético tamén viaxa a Dortmund cun gol de marxe (2-1)

G24.gal 15/04/2024 21:25 Última actualización 16/04/2024 17:02

Este martes volvemos ter Liga de Campións coa volta dos cuartos de final. O Barcelona recibe en Montjuic o París Saint-Germain cun gol de vantaxe na ida (2-3). Todos queren estar nas semifinais da Champions, Luis Enrique e Xavi seguen enviandose mensaxes na sala de prensa. 

Malia a vantaxe mínima colleitada no partido de ida ninguén en Barcelona quere a máis mínima confianza. Saben do poderío do rival e da desfeita que fixo Mbappé na última visita que realizou ao campo do Barcça. 

O Atlético de Madrid viaxa a Alemaña cun gol de vantaxe. O equipo de Simeone quere estar nas semifinais, e para iso terá que facer boa esa vantaxe ante o Borussia Dortmund. No último adestramento previo ao partido Simeone probou cos mesmos once que venceron no Metropolitano agás Lino, sancionado; o seu substituto podería ser Mario Hermoso.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar