A Irmandade Galega de Venezuela agradece a axuda ofrecida pola Xunta e diversas entidades de Galicia
A Irmandade Galega de Venezuela agradece a axuda ofrecida pola Xunta e diversas entidades de Galicia
Os arredor de 30.000 galegos que viven en Venezuela concéntranse en Caracas
Moitos están ofrecendo a súa axuda ás vítimas, a pesar de verse tamén eles afectados polos tremores
En Venezuela viven arredor de 30.000 galegos, case tantos como venezolanos residen na nosa comunidade.
Alí, no país caribeño, a maioría dos galegos concéntranse na capital, en Caracas, e moitos deles agrúpanse na Irmandade Galega de Venezuela.
O seu presidente calcula que puideron verse afectados polos tremores máis de medio milleiro de socios.
Jesús Alberto Bello agradece a axuda que empeza a artellarse aquí, en Galicia, para facela chegar a Venezuela, tanto dende diferentes entidades como dende a Xunta. Ao mesmo tempo, reivindica, emocionado, a solidariedade dos galegos do exterior que están botando unha man a pesar de perdelo todo.
"Recibimos moita informacion de galegos, xente con ganas de podernos axudar. Xa o estamos canalizando. A través, tamén, da Xunta de Galicia, estamos recibindo moitos comentarios para posibles axudas. Hai socios da institución que quedaron sen nada. Que estiveron durmindo na rúa, en colchonetas, en tendas de campaña. Hai moita xente que quedou sen casa e os galegos están axudando. Prefiren arreglarse, aínda que quedaran sen nada, e axudar aos demais. Esa é unha historia que hai que contar do galego como tal e do venezolano".