Publicador de contidos

Publicador de contidos

A investigación e as autopsias dos tres falecidos de Taboadela esclarecerán se morreron polos gases dun xerador

A investigación e as autopsias dos tres falecidos de Taboadela esclarecerán se morreron polos gases dun xerador

Segundo os servizos de emerxencias o grupo electróxeno estaba no soto da vivenda familiar, e había grandes cantidades de monóxido de carbono no interior da casa

Era unha familia moi coñecida e querida por toda a veciñanza, o home fora electricista e en tempos xuíz de paz 

O Concello decretou dous día de loito oficial pola perda de Francisco Dacal de 81 anos, a súa muller de 77 e o seu fillo de 56

G24.gal 30/04/2025 14:24

 Francisco Dacal de 81 anos era un home moi querido e coñecido en Taboadela, e tamén a súa familia, a súa muller de 81 anos e o seu fillo de 56. Os tres faleceron na súa vivenda, na noite do corte eléctrico histórico. A Garda Civil investiga que aconteceu exactamente, pero xa se poden considerar vítimas colaterais da falta de luz. Veciños e amigos lamentan a traxedia. 

 

"Este home era boísimo, este era malo para el, do demais, mellor non o había. Porque era electricista e se lle facía falta calquera cousa ía onda el e non tiña un non para ninguén", asegura Berardo Vila, veciño e amigo de Francisco e a súa familia".  

"Pola tarde (o xerador), estaba fóra, pero despois á noite co medo de que se por se acaso llo roubaban, metérono dentro", explica Bernardo. 

"Trouxéronllo e dixeron que tiñan a porta cerrada, e morreron os tres"di apenada outra veciña de Taboadela. 

 
O home, cunha enfermidade pulmonar, precisaba unha máquina para recibir osíxeno. E o xerador eléctrico que lle solicitou esa tarde ao Concello parece que foi fatal. 
 

"Se o deixaran fóra ao mellor non houbera pasado o que pasou. Do baixo cara arriba ten unhas escaleiriñas, esa porta debeu quedar aberta ou algo pasou e veu o que veu", lamenta Berardo. 

 
Os resultados das autopsias axudarán a esclarecer as causas da morte. Á falta de que conclúa a investigación, a inhalación dos gases do xerador é a principal hipótese. Segundo puidemos saber o grupo electróxeno foi atopado polos servizos de emerxencias no interior da casa no soto da vivenda.
 
A investigación da Unidade Orgánica da Policía Xudicial e a Instrución dun Xulgado de Ourense esclarecerán o ocorrido. Está previsto que este mércores haxa uns actos litúrxicos na capela do tanatorio en Ourense e o xoves será o funeral na localidade de Vilar de Santos. 
 
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade