Publicador de contidos

Publicador de contidos

Galicia dá por finalizada a crise enerxética

Galicia dá por finalizada a crise enerxética

O presidente da Xunta pídelle agora a Pedro Sánchez que dea explicacións sobre as causas do apagamento

Alfonso Rueda lamenta que a circulación dos trens tardara en normalizarse na comunidade 

G24.gal 30/04/2025 14:26

O Centro de Coordinación Operativa desactiva a emerxencia en Galicia, ao quedar restablecida a enerxía eléctrica e as comunicacións en toda a comunidade. Entramos agora nunha fase de alerta en que os equipos de emerxencia se manteñen en vixilancia. Alfonso Rueda confirma que "damos por rematada a emerxencia e a Unidade Militar xa pode retirarse, agradecemos o seu traballo."

Rueda pídelle ao Goberno central que explique as causas do apagamento: "Seguimos sen saber, hai un cruzamento de declaracións que non aclaran nada, necesitamos aclaralo para asegurar que isto non pode volver a pasar". 

O presidente da Xunta lamenta que a circulacións dos trens tardara tanto en normalizarse en Galicia. "O tráfico ferroviario en Galicia é fundamental e hai que atendelo dun xeito preferencial, pero xa non era así antes da crise e, polo tanto, pouco podemos sorprendernos. A Xunta seguirá insistindo en que Galicia merece o mesmo trato, tamén no ferroviario, que o resto das comunidades de España", asegurou Rueda. 
 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade