Publicador de contidos

Publicador de contidos

A investigación conclúe que se incumpriron os permisos no accidente mortal da refinería da Coruña

A investigación conclúe que se incumpriron os permisos no accidente mortal da refinería da Coruña

Acaba de facerse público o informe elaborado por unha comisión de investigación

A apertura non autorizada dunha tubaxe foi o que provocou o accidente laboral

G24.gal 13/05/2022 14:40 Última actualización 13/05/2022 14:50

A apertura non autorizada dunha tubaxe foi o que provocou o accidente laboral na refinería da Coruña o pasado mes de marzo, que deixou ferido un traballador e  custoulle a vida a outro por inhalación de gas sulfhídrico.

Acaba de facerse público o informe elaborado por unha comisión de investigación. Conclúe que non se seguiron as normas nin os procedementos establecidos, xa que estes dous traballadores só tiñan permiso para facer traballos de engraxado de bulóns, pero non abrir tapas. Por outra banda o informe non atribúe a responsabilidade do sinistro a ningunha das partes implicadas.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade