Publicador de contidos

Publicador de contidos

A inspiración de Óscar Marcos dálle o triunfo o Celta Fortuna (2-3)

A inspiración de Óscar Marcos dálle o triunfo o Celta Fortuna (2-3)

O filial arrancou excepcional, con dous goles en 35 minutos

O Cacereño tiro de coraxe e logrou empatar

Na compensación os dous equipos puideron gañar

G24.gal 04/01/2026 13:51 Última actualización 05/01/2026 11:34

Fredi e os rapaces do filial apareceron en Cáceres en modo exhibición , en apenas mdia hora, xa ían 0-2. E menudos dous goles! O primeiro nunha transición eléctrica que lanzou Dela e manexou Óscar Marcos, a que lle puxo o centrro Xoel López e o remate Álvaro Marín. No inuto oito. Sensacional. E a o outro tamén nunha saída rápida, agora con Antañón desde a banda dereita, con centro cara Álvaro, que Sanvi meteu na súa propia portería. Minuto 35. Abraiante.

O partido parecía aí no peto; polo resultado e polas facianas que se vían no rival, o pechacancelas. Mais a fortuna para o Cacereño foi que uns segundos despois encontraba alivio nun balón na frontal, que colocou con mestría César Gómez.

Os locais estaban na pelexa e, á volta do descanso, cedo empataron. Berlanga, minuto 51. Aí o Celta pareceu tocado. Mais na recta final chegou a expulsión do local Sanvi e o filial recuperou o aire. Un aire que estivo a piques de sacarllo Carlos González, na compensación. Fallou un man a man con Coke. E, a seguir, o que non errou foi Óscar Marcos. Un xenialidade, gol, e tres puntos que manteñen aos celestes no alto da clasificación. 

  

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade