Cargando resultados...
A inflación adianta as compras do Nadal
O martes chegará a centola ao mercado
G24.gal
04/11/2022 14:43
A menos de dous meses para o Nadal, en mercados coma o da Coruña din os praceiros que xa comezou a conta atrás. Algúns xa teñen as primeiras encargas e outros xa fixeron as primeiras vendas, porque din que este é un bo momento para mercar e conxelar e evitar así sorpresas de última hora nos prezos.
A partir da próxima semana calculan que o movemento será maior coa chegada da centola ao mercado, a partir do martes.