Publicador de contidos

Publicador de contidos

A inflación mantense no 3,2 % en maio, a mesma taxa que o mes anterior

A inflación mantense no 3,2 % en maio, a mesma taxa que o mes anterior

En canto á inflación subxacente (que non ten en conta os prezos de alimentos non elaborados nin de produtos enerxéticos, normalmente máis volátiles que o resto), a taxa de variación anual estimada aumenta unha décima, ata o 2,9 %

G24.gal 29/05/2026 09:23 Última actualización 29/05/2026 09:49

A inflación mantívose no 3,2 % en maio, a mesma taxa que en abril, nun mes en que o transporte e o lecer impulsaron os prezos á alza, aínda que este incremento se compensou co abaratamento do vestido e o calzado.

O Instituto Nacional de Estatística publicou este venres o dato adiantado do Índice de Prezos de Consumo, nun contexto de elevada volatilidade dos prezos enerxéticos pola guerra en Irán e coas medidas fiscais do Gobierno aínda en vigor.

​​​O INE detalla que os prezos dos alimentos e bebidas non alcohólicas permaneceron estables en maio fronte ao encarecemento do mesmo mes do ano anterior.

O Ministerio de Economía, Comercio e Empresa destaca que a estabilidade da inflación confirma que o plan de resposta do Goberno está a cumprir o seu obxectivo principal, que é amortecer o impacto do choque externo sobre a inflación e o poder adquisitivo dos fogares.

Nun comunicado, insiste en que España está nunha posición de fortaleza para afrontar a volatilidade dos mercados enerxéticos grazas á aposta decidida polas enerxías renovables e a soberanía enerxética, que lograron manter contidos os prezos da electricidade.

De feito, tras a baixada da factura da luz, o 1 de xuño vai comezar a desactivación gradual das medidas postas en marcha polo Goberno en relación co Imposto Especial sobre a Electricidade e o IVE aplicable a electricidade, gas natural, briquetas, pellets e leña.

As mesmas fontes aclaran que permanecerán vixentes ata o 30 de xuño as medidas sobre o Imposto sobre o Valor da Produción da Enerxía Eléctrica e as medidas fiscais sobre os carburantes (tipos reducidos do Imposto sobre Hidrocarburos, IVE ao 10% sobre gasolinas, gasóleos e biocarburantes, e devolución parcial do gasóleo profesional).

Respecto ás medidas sectoriais, como axudas a agricultores e transportistas, e os descontos reforzados do bono social eléctrico (42,5 % para consumidores vulnerables e 57,5 % para vulnerables severos), tamén seguirán en vigor.

A subxacente sobe unha décima, ata o 2,9 %

En canto á inflación subxacente (que non ten en conta os prezos de alimentos non elaborados nin de produtos enerxéticos, normalmente máis volátiles que o resto), a taxa de variación anual estimada aumenta unha décima, ata o 2,9 %.

En taxa mensual, os prezos de consumo subiron un 0,1 % respecto a abril e xa encadean catro meses con taxas mensuais positivas, segundo lembra o INE.

En canto aos datos harmonizados para a comparación con Europa, a taxa de variación anual do IPCH foi do 3,6 %, unha décima por encima da rexistrada o mes anterior, e a subxacente situouse no 3,3 %, mentres que a variación mensual estimada é do 0,1 %. Todos os detalles de evolución por compoñentes e a cifra definitiva da inflación de maio publicaranse o próximo 12 de xuño.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade