Publicador de contidos

Publicador de contidos

A inflación e a seca ameazan as ganderías de leite

A inflación e a seca ameazan as ganderías de leite

A falta de auga vai adiantar e reducir a colleita de millo, principal alimento das vacas de leite

Os gastos de alimentación duplicáronse e xa hai gandeiros que reduciron rabaños

 

 

G24.gal 10/08/2022 14:35 Última actualización 10/08/2022 14:51

Despois da suba do gasóleo, o penso, os fertilizantes e a luz chega agora unha nova ameaza, a seca. No Deza a calor e a falta de auga van adiantar e minguar a colleita de millo, principal alimento do gando de leite. 

Xesús Manteiga, da gandería Manteiga de Vila de Cruces explica que "fixo moita calor e non choveu nada, este millo non saca mazaroca, non compensa o gasóleo da maquina que o tería que recoller"

"O estrés hídrico que padece estes días o millo, sobre todo nas plantas que xa están botando gran pode facer que a produción se reduza de xeito importante e que suban aínda máis os custos de produción", engade Óscar Pose, responsable de leite en Unións Agrarias.

Ademais, a calor afecta moito as vacas e diminúe a produción. A estas alturas xa hai ganderías que están a reducir a rabaño mandando a sacrificio as que dan menos litros. Tal e como están os custos de produción, non sae a conta alimentalas e a vaca de matadoiro ten bos prezos neste momento.

"Faise para pagar facturas. Os custos subiron sen parar desde outubro cada mes máis, e o prezo do leite subiu hai pouco, ata os 42 céntimos o litro, pero producilo custa uns 50 céntimos ou máis dependendo da gandería", lamenta o gandeiro Xesús Manteiga.

Se as cousas non cambian pronto aquí falan de peche de ganderías, dunha maior baixada de produción e dunha posible falta de leite no mercado para o outono. Mentres, miran o ceo agardando que chova no millo e que baixe a calor na corte, para poder aforrar polo menos o custo de ter que refrixerala.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar

Publicador de contidos