Publicador de contidos

Publicador de contidos

A industria dos videoxogos ofrece aplicacións noutros sectores máis alá do entretemento

A industria dos videoxogos ofrece aplicacións noutros sectores máis alá do entretemento

"O perfil da persoa usuaria de videoxogos está a mudar e sitúase nos 32 anos", sinala Ana Ares, directora do Campus Industrial de Ferrol

Os videoxogos poden achegar valor en sectores como o educativo, a sanidade, a industria ou, simplemente, convidar á reflexión", explica Luz Castro, coordinadora do Mestrado de Deseño, Desenvolvemento e Comercialización de Videoxogos da UDC

 

G24.gal 13/05/2022 21:01 Última actualización 13/05/2022 21:30

'Avy, fábulas da noite' é un videoxogo de plataformas, quebracabezas e aventuras que se desenvolve nun mundo de xoguete onde a protagonista, unha nena pequena, ten que librar batallas dialécticas.

"Hai desafíos como, por exemplo, unha batalla dialéctica cunha araña ou superar o medo á escuridade. E hai que avanzar na aventura para poder superar os medos desta nena", explica Irene Centelles, alumna do Mestrado de Deseño e Deselvolvemento de Videoxogos da UDC.

O videoxogo é o proxecto fin de mestrado do alumnado do Campus Industrial de Ferrol. Son equipos de traballo multidisciplinares. Desde Belas Artes e Informática pasando por Dereito ou Deseño Gráfico. Outro dos proxectos presentados: LastWay, un videoxogo futurista e de acción. En palabra de Abraham Rial, alumno tamén do Mestrado da UDC, neste xogo "o protagonista combate coa súa propia moral e ao final decide que, aínda que o mundo está moi mal, non debería deixar que a el iso o leve polo mal camiño".

Porque os videoxogos tamén teñen aplicacións máis aló do entretemento. Para Luz Castro, coordinadora do Mestrado de Deseño, Desenvolvemento e Comercialización de Videoxogos da UDC, "estes videoxogos ofrecen algo máis que pode ser educativo ou para a sanidade ou a industria ou simplemente unha reflexión". Isto explica que o perfil das persoas usuarias dos videoxogos estea a mudar.

"A franxa de idade con máis persoas que fan uso dos videoxogos está agora mesmo nos 32 anos. Isto quere dicir que hai moita xente entre os 40 e os 65 anos que son usuarios dos videoxogos", sinala Ana Ares, directora do Campus Industrial de Ferrol.

Unha industria, a dos videoxogos, que non deixa de seguir medrando. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade