Publicador de contidos

Publicador de contidos

A incidencia por covid descende en España despois dunha semana de ascenso

A incidencia por covid descende en España despois dunha semana de ascenso

Galicia é a segunda comunidade coa incidencia máis alta

Segue descendendo a presión hospitalaria en UCI

Galicia volve sumar casos activos e os contaxios diarios superan os 2.000

G24.gal 22/03/2022 17:40

Despois dunha semana subindo, a incidencia acumulada volve baixar nove puntos en España, ata os 436 casos a 14 días por cada 100.000 habitantes. Nestes días notificáronse 54.147 novos positivos.

Este martes, o Ministerio de Sanidade notificou 350 falecementos relacionados coa covid desde o pasado venres. A cifra de decesos desde o comezo da pandemia, polo tanto, sitúase nas 102.053 vítimas.

A cifra que continúa descendendo é a que mide a presión asistencial. En coidados intensivos hai 45 pacientes menos desde o venres, 552 en total, e a taxa de ocupación sitúase no 6 %. Porén, aumenta lixeiramente os enfermos de covid en planta, con 106 pacientes máis -4.686 en total- e unha taxa do 3,7 %.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade