Publicador de contidos

Publicador de contidos

Galicia volve sumar casos activos e os contaxios diarios superan os 2.000

Galicia volve sumar casos activos e os contaxios diarios superan os 2.000

Soben as persoas ingresadas en planta, pero baixan nas UCI

O Sergas notificou seis decesos por mor da covid nas últimas 24 horas

Jessica Fernández 22/03/2022 10:23

Os casos activos volven aumentar, pero lixeiramente (+438). En total, hai 20.663 persoas con coronavirus en Galicia.

Pola súa parte, os contaxios diarios aumentan notablemente con respecto a onte e rexístranse 2.290

repartición de casos novos detectados por probas diagnósticas nas distintas áreas sanitarias é a seguinte:

Repartición dos casos activos por áreas sanitarias:

A Coruña: 4.368 (+58)

Vigo: 3.826 (+87)

Ourense: 2.430 (-29)

Santiago: 3.372 (+181)

Lugo: 2.472 (+49)

Pontevedra: 2.195 (+19)

Ferrol: 1.904 (+71)

En canto á ocupación hospitalaria, esta aumenta en planta (+23), pero baixa nas UCI (-2). En total, hai 436 persoas ingresadas en Galicia, 418 e 18 respectivamente.

Con todo, o Sergas notificou seis decesos por mor da covid, que alzan a cifra a 3.180 falecementos desde o inicio da pandemia.

Mapas de incidencia por concellos

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade