Publicador de contidos

Publicador de contidos

A impresión 3D soluciona a falta de compoñentes e repostos

A impresión 3D soluciona a falta de compoñentes e repostos

Unha tenda de Ourense leva dez anos apostando por esta tecnoloxía

Recambios de automóbil e de electrodomésticos, o novo mercado

G24.gal 10/05/2023 18:55 Última actualización 10/05/2023 19:53

Este está a ser o ano da intelixencia artificial, pero os avances en impresión 3D non son menores. Metais, residuos de plantas e alimentos ou tecidos están xa incorporados ás impresoras, e as posibilidades medran día a día. Lonxe quedan os tempos en que esta tecnoloxía se usaba case estritamente para crear elementos decorativos. O deseño é a parte fundamental.

A automoción está a supoñer unha nova vía de negocio. A falta de repostos e recambios no mercado convencional, os donos de vehículos acoden á impresión 3D para facerse coas pezas que necesitan tanto en motores como en carrocerías. Tamén os compoñentes dos electrodomésticos se poden substituír cunhas pezas impresas que cada vez son máis resistentes.

A litofanía, unha das últimas técnicas e que permite imprimir en relevo fotos antigas nun xogo de luces, tamén está a ter unha gran demanda. E incluso se pode imprimir o logotipo deste informativo.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar

Publicador de contidos