Publicador de contidos

Publicador de contidos

A Igrexa recolle 927 casos de abusos a menores cometidos no seu seo

A Igrexa recolle 927 casos de abusos a menores cometidos no seu seo

Os agresores son 728 sacerdotes ou relixiosos

G24.gal 01/06/2023 19:29 Última actualización 01/06/2023 19:54

A Igrexa Católica recolleu testemuños de abusos sexuais a 927 menores cometidos por 728 sacerdotes e outros relixiosos desde os anos corenta.

A maioría das vítimas, o 82,62 %, son nenos. E son homes o 99 % dos agresores.

Son datos que este xoves presentou a Conferencia Episcopal na xornada Protección de menores: seguimos camiñando. A ela asistiron 120 persoas que interveñen na investigación e persecución deses abusos dentro do ámbito canónico.

Na xornada presentouse o informe Para dar luz, sete tomos que recollen as actuacións e protocolos contra os abusos levadas a cabo polas máis de 200 dioceses de España nos tres anos que levan en funcionamento.

Os testemuños recolléronse nas oficinas para a protección de menores e prevención de abusos creadas hai tres anos.

Non todos os denunciantes sabían se o seu agresor vivía, pero do que se puido constatar dedúcese que o 63,6 por cento faleceron.

Para que estes casos non se repitan, a Igrexa está a levar a cabo un labor de formación para a detección dos abusos. O ano pasado foron formadas case 150.00 persoas, das cales máis de 100.000 eran nenos e adolescentes. Este ano "segue nesa senda de crecemento".

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade