Publicador de contidos

Publicador de contidos

A hostalería galega afronta dividida o paro do luns en protesta pola suba da enerxía

A hostalería galega afronta dividida o paro do luns en protesta pola suba da enerxía

Hostalería de Galicia desconvocou o paro pero non descarta convocar outros de continuar as subas

G24.gal 25/03/2022 21:34

A Asociación de Hostalería de Galicia, as federacións provinciais e a asociación maioritaria de Santiago desmárcanse do paro convocado o luns no sector, pero non descartan a posibilidade de paros futuros vinculados a que, antes de fin de mes, se tomen medidas fronte ás subas da luz e dos combustibles e ao acordo cos transportistas.

"Non nos quedará máis remedio que volve convocar paros na hostalería reivindicando unha solución enerxética global" asegurou esta mañá en rolda de prensa Héctor Cañete, presidente da Asociación Provincial de Hostalería da Coruña que, nun principio, apoiaba o paro.

Os hostaleiros lembran que ademais as restricións sanitarias aínda en vigor no sector non os deixan traballar a pleno rendemento o que, todo xunto, está a colocalos nunha situación economicamente difícil.

Cheché Real, presidente de Hostalería de Galicia e representante da Federación de Lugo cre que, a partir de agora, estas subas van acabar repercutindo nos clientes e nos empregos.

"Practicamente non se imputou absolutamente nada destas subas na clientela pero vai chegar un momento en que teñamos que facelo. É imposible manter os postos de traballo, pagar Seguridade Social, pagar todo tipo de impostos, autónomos... con estas subas enormes que temos"

"Se hai que solidarizarse, estaremos aí, pero a situación non está tan boiante como para deixar de traballar" di un hostaleiro de Santiago.

Si secundan o paro a plataforma Hostalaría.gal e 21 entidades locais que representan arredor de 4.000 negocios de toda Galicia.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade