A hostalería da Coruña reclámalle ao Goberno unha baixada de impostos
Piden medidas que combatan as consecuencias do incremento dos prezos
Un informe do Banco de España acusa a hostalería de subir os prezos por enriba da inflación para aumentar os seus beneficios. O sector négao e denuncia o contrario, que o importe disparado da cesta da compra reduciu a súa marxe de ganancias. Pero o elevado prezos de produtos básicos como o aceite non é , nin moito menos, o único que encarece a factura dos bares e restaurantes.
"Temos outros grave problema, os subministros: a gasolina e o petróleo están de novo cuns índices enormes de crecemento. E o tema das enerxías, que para nós é básico", explica Alberto Méndez, membro da xunta directiva da Asociación Provincial de Empresarios de Hostalería da Coruña.
Os hostaleiros da Coruña reclaman unha baixada de impostos para paliar os efectos da medra dos custos.