Publicador de contidos

Publicador de contidos

A Hobbycon reúne no Palexco amantes do manga e do Kpop

A Hobbycon reúne no Palexco amantes do manga e do Kpop

O programa inclúe conferencias e concursos de cosplay e baile

G24.gal 05/02/2022 20:52

Pola Hobbycon transitan personaxes do anime e do manga. Os cosplayers e os seus disfraces son os grandes protagonistas dun evento moi consolidado na cidade da Coruña.

Nove anos pasaron xa desde a primeira edición desta cita imprescindible para os otakus e, en xeral, para todas as persoas amantes da cultura pop nipona.

Durante dous días, a Hobbycon nos traslada a Xapón desde o Palexco. A feira está dividida en varias áreas e en diferentes temáticas. Hai unha zona de videoxogos e de xogos de mesa e outra reservada para as coreografías de Kpop.

No programa de actividades hai conferencias, concursos de cosplay e de baile. A Hobbycon estará na Coruña toda a fin de semana.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar