Publicador de contidos

Publicador de contidos

A Gudiña recuperará este ano o tren matutino coa meseta

A Gudiña recuperará este ano o tren matutino coa meseta

O ministro de Transportes avanza que a parada suprimida recuperarase "nas próximas semanas"

Arquivo/Rosa Veiga/Europa Press Arquivo/Rosa Veiga/Europa Press
G24.gal 02/01/2026 10:49

A Gudiña recuperará a parada de tren de primeira hora da mañá que os conectaba coa meseta.

O ministro de Transportes explicou que o farán grazas á nova conexión con Lugo a través dun Alvia, en lugar de empregar as liñas que ían de Vigo ou Coruña.

"Faremos parada na Gudiña e en Seabra cun tren de alta velocidade -asegura-. Non sabemos se nos vai levar a mover unha das frecuencias que temos a metade de mañá ou levaranos a engadir unha -aclara-; depende do material rodante dispoñible".

Óscar Puente asegurou que neste inicio de ano anunciarán a data en que se recuperará esa frecuencia.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade