Cargando resultados...
A Goberno adianta a marzo a convocatoria de bolsas de estudo
Este ano destina a bolsas 2.134 millóns de euros, case o 5 % máis ca o ano pasado
Baixa a esixencia de nota para quen queira cursar un máster oficial non habilitante

G24.gal
23/02/2022 08:31
A próxima convocatoria de bolsas abrirase en marzo, catro meses antes do habitual, e por tanto os alumnos saberán se son beneficiarios dunha antes de matriculárense.
Outra novidade é que os que queiran cursar un máster oficial non habilitante poderán facelo cun aprobado en vez de co sete que se esixía ata agora.
O Goberno aprobou unha partida de 2.134 millóns de euros destinada a bolsas de estudo, case o cinco por cento máis ca o ano pasado. Toda a información relacionada con esas axudas estará dispoñible proximamente na web de bolsas do Goberno.