Publicador de contidos

Publicador de contidos

Investigan se a lancha que matou un home en Sanxenxo invadiu a zona de baño

Investigan se a lancha que matou un home en Sanxenxo invadiu a zona de baño

O oftalmólogo coruñés Juan Manuel Tábara morreu tras ser atropelado por unha lancha rápida mentres nadaba en Silgar

As normas obrigan a minimizar os riscos cando hai persoas na auga

G24.gal 17/04/2022 14:52

A Garda Civil avanza na investigación do accidente no que morreu un home atropelado por unha embarcación na praia de Silgar, en Sanxenxo.

Os axentes xa interrogaron implicados e testemuñas. Será fundamental o que poidan contar para esclarecer o acontecido. O falecido, o oftalmólogo coruñés Juan Manuel Tábara, e un amigo nadaban e facían mergullo na praia de Silgar. A zona non estaba balizada, como acontece na temporada estival, pero a normativa obriga as embarcacións a minimizar riscos cando hai persoas na auga.

Varias testemuñas apuntaron que nos minutos previos ao accidente a embarcación circulaba a velocidade alta.

 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade