Publicador de contidos
Publicador de contidos

A Garda Civil investiga unha vaga de roubos de coches en Bergantiños

A Garda Civil investiga unha vaga de roubos de coches en Bergantiños

Os veciños piden que se reforce a vixilancia policial nas noites

G24.gal 17/05/2024 14:44 Última actualización 17/05/2024 16:17

A poucos metros do centro de saúde, en pleno centro da Laracha. Os ladróns aproveitaron a noite para roubar o vehículo dun veciño da zona que quedara estacionado na rúa. "Foi aí mesmo. Roubaron un Golf", confirma un veciño.

Unha vez consumado o roubo, intentárono cun segundo vehículo na mesma localidade, pero o bloqueo do sistema de acendido impediu que puideran arrincalo. "Foi pola noite. Roubaron un coche e intentaron roubar outro en Paiosaco. A min roubáronme o carriño de carretar a froita".

A pouca distancia da Laracha, en Paiosaco, e nesa mesma noite, producíase o terceiro dos roubos. Entre os veciños hai preocupación. "Estamos preocupados. Metéronse en coches que estaban pechados".

E piden que se reforce a vixilancia nas noites. "As noites os municipais non están e aproveitan para abusar". "Creo que son os mesmos sempre. O mesmo grupo de sempre".

A Garda Civil abriu unha investigación para dar cos autores. Hai algo máis dun mes conseguiron identificar un grupo de catro mozos como supostos responsables doutra vaga de roubos de coches e estragos en garaxes e negocios de Carballo, A Laracha e Coristanco.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade