Morre un cabo do Exército de Terra nun lanzamento paracaidista nunhas manobras en Huesca
O Exército de Terra expresou o seu "máis sincero pésame" polo cabo falecido e o seu "apoio incondicional" aos seus familiares e compañeiros. "A súa memoria e entrega á patria quedarán sempre presentes nos nosos corazóns", indican.
Imaxe de arquivo dun paracaidista do exército español ( Edu Botella / Europa Press)
O Exército de Terra informou este luns do falecemento do cabo Edgar Mallo Baena durante un lanzamento paracaidista nocturno enmarcado no exercicio Tormenta Alada 26, realizado en Huesca.
Nun comunicado, o Exército de Terra precisou que o cabo Mallo ingresou en 2018 e estaba destinado no Batallón de Zapadores da Brigada Almogávares VI de Paracaidistas.
Durante este tempo, participou en misións en territorio nacional e en Iraq. Foi condecorado polo seu labor na Operación Balmis na pandemia de covid-19 e nas operacións para paliar os efectos da dina que arrasou varias localidades valencianas en 2024. En concreto, posuía a Cruz ao Mérito Militar con Distintivo Branco.