Publicador de contidos

Publicador de contidos

Tráfico tenta frear o aumento de grupos de mensaxería que avisan de controis policiais

Tráfico tenta frear o aumento de grupos de mensaxería que avisan de controis policiais

Fanlles fronte co cambio de dinámicas, a suba da itinerancia e a redución do tempo dos dispositivos

Para poder sancionar a administradores e usuarios vaise cambiar a lei de seguridade viaria

Advirte que con estes grupos, sen sabelo, pódese estar axudando a todo tipo de delincuentes

G24.gal 16/02/2025 14:45 Última actualización 16/02/2025 17:14

Ante o aumento dos grupos de mensaxería instantánea en que se avisa dos controis nas estradas, a Garda Civil de Tráfico trata de facerlle fronte cambiando as súas dinámicas.

Avisar dun control policial por aplicación implica riscos que nin imaxinamos: sen pretendelo saiban que poden estar axudando e ser cómplices de topo tipo de delincuentes. 

Son as 11:00 horas. Comeza o control de alcol e drogas da Garda Civil de Tráfico na estrada de Ourense a Trives. E tan só 6 minutos despois xa hai un aviso nun grupo de mensaxería. 

"Desde que proliferaron tantísimo estes grupos, tivemos que facer claramente un cambio nas nosas pautas de actuación. Un dos primeiros cambios é que aqueles controis estáticos que perduraban un tempo determinado, estámolos facendo nun espazo moitísimo máis curto. E despois estamos facendo moito control dinámico, e as propias patrullas van circulando e segundo van vendo os distintos condutores intervimos", asegura Javier Barja Álvarez, capitán xefe do Subsector de Tráfico de Ourense.

"Creo que non entraría na cabeza de ninguén estar falando nun grupo no que se soubese que imos axudar a narcotraficantes, ou a violadores, ou algún outro tema de delitos, e pode que pareza que facemos un labor social, pero ao final o que está claro é que estamos axudando a moitas destas persoas", advirte.

Tráfico agarda unha modificación na lei de seguridade viaria para impor sancións.

"Pretende introducir sancións para as persoas que avisen, ben administradores ou os propios usuarios que avisen, teremos que ver como sae redactada esa lei", explica.

Agora mesmo só poden aplicar a lei de seguridade cidadá cando afecta a unha operación policial. Os axentes controlan estas comunicacións e teñen localizados grupos en Galicia con ata 15.000 usuarios. 

"Prevé este tipo de condutas, pero temos que constatar que eses avisos desembocan nun prexuízo tanto para os axentes como para unha operación policial", indica. 

"En Ourense non temos detectado grupos tan grandes, pero si sei que pola Costa da Morte ou na Mariña lucense si que hai grupos moi grandes. Pero en Ourense si temos grupos contactados. Non temos infiltrados policiais, como tal non, pero en Galicia todo o mundo ten familiares, amigos, compañeiros que informan". 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade