Cargando resultados...
A Garda Civil busca o coche implicado no atropelo dunha muller en Combarro
O vehículo deuse á fuga, segundo denunciaron varias testemuñas

G24.gal
17/04/2022 13:17
A Garda Civil de Tráfico abriu dilixencias para intentar localizar un coche implicado no atropelo dunha muller en Combarro, no concello de Poio, onte á noite.
O vehículo deuse á fuga, segundo denunciaron varias testemuñas. Aconteceu pouco antes das dez da noite.
A muller atropelada tivo que ser trasladada a un centro médico por unha ambulancia do 061 que se desprazou ata o lugar do sinistro.
