Publicador de contidos

Publicador de contidos

En Galicia haberá uns 555.000 desprazamentos nesta ponte, que Tráfico vixía cun operativo especial

En Galicia haberá uns 555.000 desprazamentos nesta ponte, que Tráfico vixía cun operativo especial

A Garda Civil activou o xoves un dispositivo especial de seguridade polo que a presenza de controis nas estradas é máis intensa nesta última fin de semana de xullo

Prevén preto de 6,5 millóns de desprazamentos por estrada, ao redor de 555.000 en toda Galicia

G24.gal 26/07/2025 15:01

Fin de semana cun elevado volume de tráfico, no que se prevén preto de 6,5 millóns de desprazamentos por estrada, algo máis de 550.000 en toda Galicia. Con motivo da festividade do Apóstolo Santiago, a Garda Civil, en colaboración coa DXT, establece un dispositivo especial de vixilancia, para garantir a seguridade e fluidez do tráfico, que se estenderá ata a medianoite do domingo 27 de xullo.

Pero que adoitan revisar nesta clase de controis?

"Polo xeral, as condicións técnicas dos vehículos, presenza de alcohol ou drogas no condutor e algún outro tipo de verificación administrativa que se poida realizar", comenta Tomás Varela, capitán do subsector de Tráfico da Coruña.

Os condutores, polo xeral, consideran esta unha boa medida para aumentar a seguridade nas estradas e reducir o número de accidentes.

"Boa idea, claro. A ver se hai menos mortes e un pouquiño máis de seguridade na estrada", conta un condutor.

"Paréceme perfecto. É o que hai que buscar, reducir o número de accidentes", opina outro condutor.

Dende a Garda Civil recomendan especial precaución nas estradas convencionais e vías con elevada presenza de motoristas, ciclistas e peóns, e solicitan, ademais, prudencia e respecto estrito das normas de circulación, xa que enfatizan en que son as ferramentas máis eficaces para corrixir a siniestralidade viaria.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade