Avanza Bookalbergue, a plataforma de reservas alternativa ás multinacionais
Agalber reclama axudas para promover unha opción que é máis económica para os viaxeiros
Dende a Asociación Galega de Albergues reclaman un maior apoio de todas as administracións para conseguir afianzar e promover Bookalbergue, unha plataforma especializada nos albergues do Camiño de Santiago que permite a reserva e a confirmación directa co propio establecemento, eliminando intermediarios, e na que se ofrecen prezos máis económicos para os clientes, xa que se evitan as elevadas comisións que cobran as plataformas multinacionais.
Con Bookalabergue tamén se consegue que os cartos queden nos establecementos do Camiño e que revertan nas diferentes rutas, evitando que se beneficien deles plataformas que, segundo nos conta Miguel Ángel Rodríguez, "moitas veces nin sequera pagan os impostos nos países en que actúan, o cal vai en detrimento de todos".