A "galette" de reis é a sobremesa tradicional do norte de Europa
Ten a súa orixe nas festas Saturnais dos romanos, igual que o noso roscón

A "galette des rois" é o postre tradicional nestas datas en Bélxica, no norte de Francia e en Suiza.
A súa orixe é semellante ao noso roscón de reis, os postres que nas festas Saturnais repartían os romanos e que logo o cristianismo adaptou á epifanía dos Reis Magos.
Está feito dunha masa de follado e leva dentro a crema de franchipán, é dicir, de améndoas. Ademais dunha pequena faba ou figuriña, como o roscón.
A pattiserie Wittamer leva máis dun século preparando estas galettes, xeración tras xeración, e é o provedor oficial da familia real belga.
"En tres dias vendimos como 1.200, é a terceira fornada do día, desde as sete da mañá. Agora aínda me quedan pero o habitual é que destas horas xa non haxa. As galettes levan dentro tres coroas douradas e o que consegue unha pode levar un lingote de ouro de dez gramos" conta Francisco, o pasteleiro.