A galega Paula Ginzo, ficha por dúas temporadas no Barcelona CBS
A galega Paula Ginzo, ficha por dúas temporadas no Barcelona CBS
Procede do Durán Maquinaria Ensino de Lugo, onde asinou o curso pasado 11,8 puntos por partido
Paula Gizo, de 25 anos e 1,88 m de altura, ficha polo Barcelona para reforzar a pintura azulgrá durante as dúas próximas tempadas.
A galega é unha xogadora moi poderosa baixo o aro en ambos os lados da pista, que destaca pola súa capacidade intimidadora en defensa e pola súa gran cantidade de recursos en ataque. A interior, habitual da selección española, atópase agora preparando o Europeo de seleccións deste verán.
Ginzo: "O proxecto é o adecuado para que eu dea un paso adiante. Escollín ao Barça CBS porque creo que o proxecto é ambicioso. Vai crecendo desde o ascenso á liga Feminina Endesa e creo que é o lugar adecuado para estar e mellorar", explicou.
🤳 Algú té alguna cosa a dir-vos. pic.twitter.com/Peo2Py7Ww6
— Barça CBS (@FCBbasket_fem) May 31, 2023
A nova pivote azulgrana chega ao Barça CBS procedente do Durán Maquinaria Ensino de Lugo, onde asinou o curso pasado 11,8 puntos, 6,2 rebotes e 13,3 de valoración por partido.