Publicador de contidos

Publicador de contidos

Case 10.000 siareiros encherán o Coliseum no decisivo Leyma Coruña-Monbús Obradoiro (19h-TVG)

Case 10.000 siareiros encherán o Coliseum no decisivo Leyma Coruña-Monbús Obradoiro (19h-TVG)

Son primeiro contra segundo da FEB, e o que gañe ten moitas papeletas para o ascenso directo á ACB

G24.gal 11/04/2026 08:22

Na Coruña ultiman os preparativos para o que vai ser o partido do ano para o baloncesto galego. Reciben o Obradoiro: son primeiro contra segundo da FEB, e o que gañe ten moitas papeletas para o ascenso directo á ACB.

O derbi da primeira volta foi unha festa en Sar, e agora todos se preparan para repetila. Máis alá do deportivo, van celebrar o bo momento do baloncesto en Galicia.

E, claro, as afeccións están entregadas e, pase o que pase, contan cunha boa festa. Non hai entradas, pero poderemos velo na Televisión de Galicia a partir das sete da tarde.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar

Publicador de contidos