Publicador de contidos

Publicador de contidos

O Leyma Básquet Coruña festexa o ascenso

O Leyma Básquet Coruña festexa o ascenso

O novo equipo da ACB prolonga a celebración na rúa

Será o terceiro equipo galego esta temporada na máxima categoría do baloncesto español

O Leyma Básquet Coruña este martes con afeccionados na explanada de Riazor
G24.gal 09/06/2026 20:28

O Básquet Coruña segue de celebración polo seu ascenso á liga ACB.

Así estaba este martes a explanada do Palacio dos Deportes de Riazor. Logo de render visita ás institucións e patrocinadores tocaba unha última xuntanza coa afección para conmemorar xuntos o grande éxito da temporada. Centos de afeccionados laranxas quixeron acompañar o equipo neste fin de festa. O Leyma Básquet Coruña logrou o ascenso o domingo pola vía do playoff un ano despois de descender.

Acompañará o Breogán e o Obradoiro, ascendido tamén este ano, a próxima temporada na liga ACB. Había máis de trinta anos que non coincidían tres equipos galegos na máxima categoría do baloncesto español.  

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar