A gala do Deporte Galego recoñece os mellores de 2024
A ximnasta Melania Rodríguez, o xogador de balonmán Rodrigo Corrales e o piloto de motocrós Jorge Prado levaron os premios individuais
O cangués Rodrigo Corrales, porteiro da selección española de balonmán, e o lugués Jorge Prado, catro veces campión do Mundial de Motocrós, foron distinguidos como os mellores deportistas masculinos dos premios Deporte Galego de 2024. A ximnasta Melania Rodríguez recibiu o premio na categoría feminina. No tocante aos equipos, o Básquet Coruña foi o mellor club masculino e o Burela Fútbol Sala o mellor na categoría feminina. A nadadora Daniela Suárez e o futbolista David Mella recibiron o premio ao deportista revelación de 2024. Tamén houbo un recoñecemento para a Televisión de Galicia polo programa de traiñeiras Soltando estacha.
Na cerimonia tamén recibiron os premios os deportistas máis destacados durante o 2023. A futbolista Teresa Abelleira (Real Madrid) e o atleta Adrián Ben recibirá o premio aos mellores deportistas deste ano, igual que a triatleta Susana Rodríguez Gacio e a atleta Adiaratou Iglesias como mellores deportistas con discapacidade.