Cargando resultados...
A frota de altura advirte de paros se o Goberno non lles bonifica o combustible
A Axencia Tributaria déixaos fóra da rebaixa apoiándose en que botan combustible en países estranxeiros
Reclaman ao Goberno central medidas urxentes
G24.gal
05/05/2022 14:14
Última actualización 05/05/2022 14:34
Para chegar ao seu destino, un barco de grande altura consome uns 800.000 litros de combustible e cada día de traballo, arredor de dez mil. Neste momento, este gasto supón máis da metade dos seus custos de explotación.
A Axencia Tributaria explica que esta frota non pode acollerse á bonificación dos 20 céntimos porque enchen os depósitos en países estranxeiros.
A frota galega é a máis importante en número de barcos. Solicitan ao Goberno de España medidas de apoio urxentes.
Aseguran que, se continúan sen a rebaixa, terán que parar.