Publicador de contidos

Publicador de contidos

A fragata Méndez Núñez recibe visitas este venres durante a escala na Coruña

A fragata Méndez Núñez recibe visitas este venres durante a escala na Coruña

Un moderno buque de guerra que é unha das xoias da Armada española

G24.gal 20/01/2023 14:27

A fragata Méndez Núñez, unha das xoias da Armada española, fai escala estes días na Coruña. Ducias de persoas achegáronse esta mañá a coñecer máis de preto esta pequena cidade flotante nunha xornada de visitas que continuará pola tarde tras as institucionais.

Un dos buques de guerra máis importantes do exército curtido xa en numerosas misións internacionais en lugares tan complicados como Libia, Iraq ou Somalia. Nomeada en homenaxe a un dos mariños máis respectados da Armada española, participou en numerosas misións de guerra e en operacións como a liberación do atuneiro Alakrana de mans dos piratas do Índico.

A Méndez Núñez, con base en Ferrol, é unha das cinco da serie F-100, as máis modernas do Exército, á espera das F-110 que se constrúen xa en Navantia. Contan co sistema de combate Aegis, de orixe estadounidense, e un radar capaz de detectar aeronaves nun radio de 500 quilómetros.

De aquí partirá cara á base de Rota, en Cádiz, para despois unirse ao grupo naval permanente da OTAN no Mediterráneo.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar