Publicador de contidos

Publicador de contidos

A Fonsagrada celebra ata o sábado unha nova edición da Foliada

A Fonsagrada celebra ata o sábado unha nova edición da Foliada

Obradoiros de empalletado e danza para recuperar a cultura tradicional

O botelo terá protagonismo nos vindeiros días

G24.gal 08/12/2022 20:06 Última actualización 08/12/2022 20:26

A palleta é a parte máis pequena pero tamén a máis importante da gaita. Se non está ben construída, o instrumento non soa. Por iso, neste taller que forma parte da Foliada, os gaiteiros aprenden como elaboralas.

A gaita acompañaba os bailes tradicionais dos Ancares. Un tipo de danza que tamén queren recuperar e dar a coñecer nos obradoiros da Foliada. Era un exercicio de danza do máis axeitado para afrontar o duro clima desta parte máis oriental de Galicia.

A Foliada comezou a celebrarse en 2015 e, malia os anos de pandemia, conseguiu consolidarse e converterse nun referente da actividade lúdica e cultural da montaña luguesa.

As diferentes actividades van continuar ata a noite do sábado e non faltarán a música e a gastronomía.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar