Publicador de contidos

Publicador de contidos

A folga en Ryanair e Iberia Express causou a cancelación de dous voos e atrasos en 12 enlaces

A folga en Ryanair e Iberia Express causou a cancelación de dous voos e atrasos en 12 enlaces

A convocatoria de folga en Ryanair esténdese desde o pasado 8 de agosto ata o 9 de xaneiro de 2023

Imaxe de arquivo dun avión da compañía Ryanair. Imaxe de arquivo dun avión da compañía Ryanair.
G24.gal 30/08/2022 18:11 Última actualización 30/08/2022 21:11

As folgas de tripulantes de cabina de Ryanair e Iberia Express causaron este martes en Santiago de Compostela a cancelación de dous voos e atrasos noutros doce enlaces, segundo a información do sindicato USO ata o mediodía.

En concreto, os voos cancelado son de Iberia Express entre Santiago de Compostela e Madrid, mentres que a folga de Ryanair causou doce atrasos, sete en saídas e cinco chegadas.

A nivel nacional, hai seis cancelacións, que afectaron a Andalucía, Madrid, Palma de Mallorca e Santiago de Compostela. No que a atrasos respecta, tras Málaga, con 20, o aeroporto de Palma de Mallorca e Barcelona foron os segundos con maior número de atrasos, con 14, cada un.

A convocatoria de folga en Ryanair esténdese desde o pasado 8 de agosto até o 9 de xaneiro de 2023, de luns a xoves todas as semanas en Barcelona, Madrid, Palma de Mallorca, Xirona, Valencia, Eivisa, Málaga, Santiago de Compostela, Sevilla e Alacante.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade