Publicador de contidos

Publicador de contidos

A Fiscalía denuncia o Barça, a Bartomeu e a Rosell polo caso Negreira

A Fiscalía denuncia o Barça, a Bartomeu e a Rosell polo caso Negreira

A denuncia é polos supostos pagos millonarios ao exdirixente arbitral José María Enríquez Negreira e polos delitos de corrupción entre particulares, administración desleal e falsidade documental

G24.gal 10/03/2023 15:59 Última actualización 10/03/2023 16:11

A Fiscalía denunciou nun xulgado o Barcelona e aos seus expresidentes Josep Maria Bartomeu e Sandro Rosell polos supostos pagos millonarios ao exdirixente arbitral José María Enríquez Negreira, polos delitos de corrupción entre particulares, administración desleal e falsidade documental.

A Fiscalía Provincial de Barcelona interpuxo a denuncia perante o xulgado de instrución número 1 de Barcelona, co obxectivo de que a acumule nas dilixencias previas incoadas por mor dunha querela presentada nas últimas semanas polo árbitro do VAR Estrada Fernández contra Negreira.

A denuncia é froito das investigacións que a Fiscalía de Barcelona mantén abertas desde fai preto dun ano polos supostos pagos a Negreira, que a través dunha empresa recibiu case sete millóns de euros do Barça por suposto asesoramento verbal ao club.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade