Publicador de contidos

Publicador de contidos

A Fiscalía arquiva as investigacións sobre o rei emérito

A Fiscalía arquiva as investigacións sobre o rei emérito

Aducen falta de probas, prescrición e as regularizacións extraordinarias

G24.gal 02/03/2022 17:25

Despois de case dous anos de investigación, a Fiscalía do Tribunal Supremo pecha as tres investigacións abertas contra Xoán Carlos I.

A primeira das causas era o presunto cobro de comisións ilegais na adxudicación das obras da alta velocidade en Arabia Saudita. Despois sóubose que o rei emérito recibira dun empresario mexicano case un millón de euros, un regalo que non declarou a Facenda.

A terceira dilixencia tiña que ver coa presunta ocultación de cartos na illa británica de Jersey.

Dalgunhas destas causas, a Fiscalía admite que non hai probas. Doutras, sostén que os presuntos delitos xa prescribiron ou que non se poden perseguir pola inviolabilidade de que gozaba o rei emérito cando aínda era xefe do Estado.

Sobre as irregularidades fiscais posteriores a 2014, o fiscal considera que quedaron resoltas coas regularizacións extraordinarias que Xoán Carlos I presentou en decembro de 2020 e febreiro de 2021 e polas que pagou máis de cinco millóns de euros.

Con este arquivo, queda despexado o horizonte xudicial do rei emérito, residente nos Emiratos Árabes Unidos desde agosto de 2020.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade