Publicador de contidos
Publicador de contidos

A filita verde de Lugo entra no exclusivo grupo de Pedras do Patrimonio Mundial

A filita verde de Lugo entra no exclusivo grupo de Pedras do Patrimonio Mundial

A filita verde, unha das poucas que se utiliza para cubertas, é moi demandada polas súas calidades

A filita verde sae de louseiras situadas na contorna da Terra Chá e a Mariña luguesa
G24.gal 19/03/2024 14:35

A estación que serve de entrada á alta velocidade en Galicia, a Domus da Coruña e outras dotacións públicas como o Hospital Lucus Augusti teñen algo en común. En todas elas atopamos filita verde, unha pedra senlleira que se extrae no norte de Lugo e que acaba de ser recoñecida pola Unión Internacional de Ciencias Xeolóxicas como patrimonio mundial.

A filita verde, unha das poucas que se utiliza para cubertas, é moi demandada polas súas cualidades. Desde louseiras da Pastoriza, por exemplo, abriron xa numerosos mercados dentro e fóra de España. Este recoñecemento sitúa a filita verde de Lugo no mesmo grupo, por exemplo, do mármore italiano de Carrara.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade