Publicador de contidos

Publicador de contidos

A figura de Domingo Villar preside a Feira do Libro de Vigo

A figura de Domingo Villar preside a Feira do Libro de Vigo

Ata o 7 de xullo permanecerán as casetas na rúa Príncipe

Mais de cen autores firmando libros e actividades para todos os públicos

A Biblioteca Neira Vilas organizou unha ruta de homenaxe ao autor de `A praia dos afogados´ e unha quiniela na honra de Domingo Villar, con premios para os que a fagan

G24.gal 05/07/2022 20:09 Última actualización 05/07/2022 20:58

Domingo Villar é o gran protagonista, como non podía ser doutra maneira, desta edición da Feira do Libro de Vigo.

Hoxe foi día e homenaxe ao pai literario de Leo Caldas, con lecturas públicas da obra do autor vigués.

A caseta da biblioteca pública Xosé Neira Vilas organizou ademais unha ruta polo Vigo de Domingo Villar e mesmo unha quiniela do inspector Leo Caldas, con premios como degustacións dos seus pratos favoritos nos xa míticos Bar Puerto e Elixio, ou viaxes de ida e volta a Moaña en barco.

A figura do escritor vigués planea en todos os actos desta feira que estará na rúa Príncipe ata o 7 de xullo.

Unha Feira do Libro con público, como antes da pandemia.

Unha semana en que un cento de autores poderán compartir e debater as súas obras cos lectores en Vigo. Algo que todos botaban en falla, como Antonio Manuel Fraga, autor de `Santoamaro´.

"Recibir o feedback de se lles gustou o libro, poderlles explicar, darlles o teu parecer, o que sentías cando escribías, pois todo iso agradécese. Ese diálogo de ti a ti que puidemos manter virtualmente a través das redes sociais ou doutras canles, pero non é o mesmo".

Nesta edición hai nove casetas onde poder mercar libros cun 10% de desconto de autores locais, nacionais, e internacionais.

Todas locen as súas xoias, e a Biblioteca Pública Neira Vilas, apostou por unha homenaxe póstuma a Domingo Villar, o autor recentemente falecido, que mantiña un estreito vínculo co centro. 

Trini Puentes, da biblioteca, conta que "Quixemos facer un cariño cara a el e demostrar que a cidade de Vigo le os seus libros, que está moi implicada na súa novela, e que dende logo, deixou unha pegada moi importante".

Por iso fixeron unha ruta en que se destacan as localizacións das obras de Domingo Villar na cidade de Vigo e outras sorpresas.

"Mesturamos dúas afeccións de Domingo, que era o gusto polo fútbol e as súas novelas.  Entón fixemos unha quiniela das súas novelas. Moi gratamente sorprendidos co resultado, porque a xente xoga, implícase, mesmo se xera un coloquio dos que se coñecen os personaxes, as características, e xéranse momentos moi divertidos", engade Trini Puentes.

Sorpresas, regalos, e o mais importante: a posibilidade de desfrutar do pracer da lectura. 

 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar

Publicador de contidos