A fichaxe que fai tremer o fútbol mundial: Mbappé, ao Real Madrid
A estrela francesa (25 anos) pon fin a sete anos no PSG e comezará a andaina no club madridista
Asina por cinco temporadas, ata o ano 2029
Kilyan Mbappé xa é xogador do Real Madrid. Para moitos é o mellor xogador do mundo, chega nun momento de madurez na súa carreira (25 anos) e liderará o vixente campión de Europa as vindeiras cinco temporadas.
Mbappé, concentrado coa selección francesa para xogar a Eurocopa, pon fin a unha etapa de sete anos no París Saint-Germain, onde marcou a abraiante cifra de 219 goles en 272 partidos, conseguiu todos os torneos en Francia, pero faltoulle o broche europeo, a Liga de Campións, que lle escapou na final contra o Bayern de Múnic.
Desde hai moito tempo vénse especulando coa posibilidade de que Kylian asinara co Real Madrid. A súa admiración por Zidane, o perfecto dominio do idioma castelán... Moitos acenos que deixou Mbappé ao longo dos anos e que, despois da frustración de hai dúas temporadas cando renovou o seu compromiso co PSG, pon fin neste 3 de xuño.
Mbappé quere a gloria individual (no Real Madrid ten máis doado conseguilo) e colectiva (asina polo rei da Champions). O que aconteza a partir de agora é unha incógnita no eido deportivo, pero o potencial do equipo branco é moito maior. Acaba de conseguir a fixache máis desexada, a que fai tremer o fútbol mundial.