A festa dos Maios volve ás rúas na cidade de Ourense
Os escolares de Allariz xa celebraron os Maios amosando as súas creacións en miniatura
O domingo a partir das 11:00 horas exporanse 28 Maios na rúa do Paseo de Ourense
Cantaranse as tradicionais coplas e tamén haberá cabezudos e animación musical
Os Maios volven saír este domingo ás rúas do Paseo de Ourense. Unha das tradicións con máis arragaimento na cidade que celebra a chegada da primavera. Na vila de Allariz adiantaron a hoxe a festa para amosar os maios en miniatura que elaboraron os escolares.
É unha das celebracions ancentrais con máis arragaimento na cidada de Ourense, e de interese turístico.
En Ourense, o domingo a partir das 11 exporanse na rúa do Paseo 28 maios elaborados pola veciñanza e cantarán as coplas satíricas como manda a tradición.